xuño 27, 2017

Visitando un xardín de experiencias

A rapazada de 6º de Primaria do Cole de Castro, o CEIP Veleiro-Docampo, acompañounos durante un día da pasada semana e coñeceron as instalacións e o ambiente do que será o seu centro o vindeiro curso académico. Desde aquí dámoslles de novo a benvida!

Xardín de plantas aromáticas
Aproveitamos a súa visita para ensinarlles a biblioteca, as instalacións deportivas, os xardíns e invernadoiros e para contarlles algunhas das actividades que fixemos no Fitofaladoiro: a exposición de láminas botánicas e de ilustradoras senlleiras, a botica, o xardín de aromáticas... Despedímolos con uns pequenos agasallos tamén de temática botánica: uns bonitos marcapáxinas con cadansúa planta e nome científico, unha rosa e unha pequena pero auténtica plantiña aromática.

Pero non quedou aí a cousa, pois estamos no remate do curso e toca facer balance das actividades realizadas arredor do Fitofaladoiro, que foron moitas e variadas, un auténtico xardín de experiencias que incluíu certames, viaxes, visitas, conexión coa tradición, obradoiros, exposicións, diversidade e inclusión, e un longo etcétera.

Ah, e non perdas as Fito News, o Fitofaladoiro en fala inglesa, a cargo de 4º de ESO:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!