maio 30, 2017

Cando a botánica ten nome de muller


Se sabes debuxar unha folla,
sabes debuxar o mundo
John Ruskin 1819-1900

Alumnado e profesora despois do traballo
Emulando a aquelas botánicas dos séculos XVIII e XIX, que foron quen de facer contribucións moi significativas neste campo de coñecemento, pois identificaron, recopilaron e ilustraron infinidade de especies de plantas, o alumnado de 1º de Bacharelato, dirixido pola súa profesora Pilar Pavón, preparou estas magníficas ilustracións sobre flores da flora galega presentes na nosa comarca da Terra Chá. O resultado de varios meses de traballo está xa exposto no corredor principal do Instituto. Noraboa a todas e todos polo traballo!

De xeito complementario a esta exposición, nos taboleiros anexos, exponse graficamente a evolución histórica da ilustración botánica, así como exemplos de láminas debuxadas por aquelas pioneiras que fixeron contribucións moi significativas na disciplina, desafiando os roles e costumes da época. Amosamos así o traballo de Jeanne Baret ou Jane Colden, ou a considerada primeira española que fixo investigación botánica Blanca Catalán de Ocón.

E o segundo complemento, que constitúe unha nova exposición en si,  vén a cargo do profesor Nilo  Carballal e o alumnado da FP básica, sobre biodiversidade e espazos protexidos de Galicia.

Pincha a continuación para veres o vídeo da exposición:





Para sabermos máis:
Ilustración botánica na historia: ciencia e arte   en Diario de un copépodo
Naturalistas: botánicas  en As mulleres na revolución científica
Blanca e Clotilde Catalán de Ocón  en Mujeres que hacen la historia
Meigas: as antigas custodias da menciña popular  
en Culturagalega.org (Álbum de mulleres)
A ciencia ten nome de muller
Jane Colden  na Galipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!