maio 17, 2017

A miña obra favorita de Carlos Casares

"Coñeceu o Paraíso e perdeuno.
Era un neno e expulsárono da
súa infancia"
Jean Paul Sartre

Así comeza Xoguetes pra un tempo prohibido, 1975, novela de formación de Casares e retrato xeracional dunha época. Lida por algúns de nós no Instituto dos primeiros anos 80, representaba as aspiracións culturais e os desexos de liberdade da nosa xeración, do mesmo xeito que o facía para o autor e a súa xeración dos primeiros 60. 

Elías Paz, o protagonista, é un rapaz de aldea que relata a súa vida e experiencias entre a súa xente, na escola, no internado despois, no bacharelato da capital máis adiante, e finalmente na universidade de Santiago de Compostela. A represión, a amizade, a sexualidade, a política, a traizón, o desengano, van marcando o guión iniciático polo que algúns pasamos ou -quizá mellor- guión polo que temos que pasar, ou debemos pasar, en calquera xeración da que se trate. 

A obra inclúe numerosas referencias literarias, musicais e cinematográficas, que acentúan ese carácter de periplo vital de aprendizaxe e formación. Velaí a miña obra predilecta de Carlos Casares, a miña recomendación para este día das nosas Letras.

E a túa?


Para sabermos máis:
Bibliografía de Casares en Galaxia
Diario Cultural na Radio Galega, escoita os programas do 16 e 17/05/2017 sobre Casares 
Primavera das letras, unha iniciativa da Academia Galega 
Galería fotográfica, sonora e audiovisual 
Recursos didácticos e guías docentes 


Un ano máis chega o Telexornal das Letras desde o CPI dos Dices (Rois), na comarca do Sar. E desta volta, ademais, trae outro agasallo audiovisual, a reportaxe: A miña obra favorita de Carlos Casares:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!