marzo 01, 2017

Iluminando o Instituto

Na procura de ideas

O ENDL lanza un concurso gráfico co lema que se le no cartaz, escollido dunha entrevista ao autor chairego, vencellado a Castro R. de Lea, Xabier P. Docampo, e co propósito de que estimule a creatividade e inspire aos participantes: calquera alumna ou alumno do centro (ESO, Bac, FP Básica, Ciclos Formativos) que se decida a elaborar un orixinal inédito e nunca antes premiado.

A presentación farase en bloc de debuxo ou tamaño similar, e deberá ser entregado en sobre e baixo pseudónimo, ao tempo que se facilita outro sobre lacrado cos datos persoais da/o artista. As entregas poderanse facer a calquera hora na conserxaría do centro. O prazo establecido vai até o mércores 5 de abril ás 14 horas.

O xurado estará constituído por profesorado do departamento de Plástica, membros do EDNL e un membro da Dirección do centro. Por suposto, non se admitirán propostas que incorran en insulto, faltas de respecto a persoas ou colectivos, contidos sexistas, obscenos ou xenófobos.

A idea gráfica gañadora será reproducida nunha das fachadas ou paredes do Instituto, en grande formato. Así mesmo, o xurado, en función da calidade dos traballos presentados, poderá conceder accésits.

Así que ánimo e adiante: deixemos ao mundo atónito cos nosos deseños e ideas para abrir xanelas fantásticas nos muros deste Instituto, tal e como fixo Banksy na súa cidade natal de Bristol, muralista (ou grafiteiro) homenaxeado neste cartaz.

Para sabermos máis:
Os grafitis máis alucinantes de Banksy polo mundo
O inesperado agasallo de Banksy ao alumnado dunha escola de Bristol

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!