outubro 22, 2015

Alfabetización galego-científica


O vindeiro 4 de Novembro vai ter lugar a VI Xornada da Ciencia en Galego. 
Concursos, exposicións e videoconferencias, serán algúns dos actos para celebrar, un ano máis, que a ciencia tamén fala galego. 
Con este motivo, convidámosvos a visionar un pequeno aperitivo da conferencia do recoñecido  neurocientífico lugués e divulgador Xurxo Mariño Alfonso, biólogo, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, titulada: A máquina que constrúe a mente e a realidade.
Velaí a súa tese: todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que empregan a electricidade para se comunicaren entre elas e, dese modo, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente? 


Para obtermos máis información:
www.igaciencia.eu
www.cienciaengalego.org 
entrevista a Xurxo Mariño: "o noso sistema educativo creou analfabetos científicos" 
novela de Xurxo Mariño con código QR para a descarga


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!