abril 24, 2015

de bibliotecas, libros e efemérides

Na Biblioteca do IES da Terra Chá queremos homenaxear o libro e a lectura, destacando todo aquilo de bo que nos proporciona o hábito de ler.
Son moitas as actividades que, semana a semana, vai organizando o equipo de biblioteca xunto coas colaboradoras e colaboradores, alumnado do centro, que diariamente botan unha man.

Hoxe 23 de Abril, "Día do Libro e dos Dereitos de Autor" segundo a proclamación feita pola UNESCO, conmemórase tamén o pasamento de escritores fundamentais en lingua castelá como Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega, do dramaturgo e pai da literatura inglesa William Shakespeare, así como do autor máis lido en lingua catalá, Josep Pla, entre outras coincidencias literarias. 

Un día perfecto para coñecermos mellor as bibliotecas e librarías, que nos permiten e facilitan mil xeitos de gozar da lectura por moi poucos cartos ou mesmo de balde, mediante o intercambio de libros, o empréstimo,  o clube de lectura, o libro viaxeiro, etc.

Polo demais, seguimos en días de celebración: vimos do 22 de Abril, Día da Terra, e camiñamos cara ao 25 de Abril, 41 anos despois da Revolución dos Cravos (ou caraveis), festa nacional portuguesa e día da Liberdade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!