abril 28, 2014

Galego sen complexos Rural sen complexos


  Daniel Moreiras, membro da orquestra "Costa Dorada" e de "Páramo Pictures" cóntanos a idea de faceren estes vídeos de apenas 4 minutos, convertidos xa -para asombro deles mesmos- en éxito absoluto na Rede. Achegándose ao millón de reproducións en conxunto, con auténticos fans pedindo que continúen coa experiencia, estamos ante un exemplo de calidade e bo facer na Internet, en galego e desde o rural. Non fai falta acudir ao vulgar, ao escarnio nin ao embuste.
  
  O Gangnam Style, o Wrecking Ball de Miley Cyrus ou a Adrenalina de Ricky Martin e Jennifer Lopez, son os video clips escollidos para versionaren. As localizacións pertencen aos concellos d'O Páramo e Taboada. Alguén comentou: "Xúrovos que me paso o día cantando a canción en galego; non se me quita da cabeza, en serio!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!